O BNG rexistra unha queixa no valedor do pobo contra as actuaciónsantidemocráticas do alcalde
Betanzos, 17 de marzo de 2014. O BNG anunciou hoxe que presentou unha queixa diante do Valedor do Pobo polo reiterado incumprimento das mínimas normas democráticas do goberno local no concello fusionado de Oza e Cesuras.
A voceira do BNG en Oza, Estefanía Busto, explicou que ademais interpuxo un recurso contra varios acordos aprobados no último Pleno porque non nos facilitaron informes legais sobre as consecuencias dos cambios urbanísticos que propuña o PP.
Estefanía Busto, explicou que ademais interpuxo un recurso contra varios acordos aprobados no último Pleno.
Ademais, engadiu, cando quixemos ver os expedientes para coñecer a fondo estas propostas negáronnos este dereito. A resposta do PP para escondernos a documentación que o secretario non está, engadiu.
Os nacionalistas denunciaron que o alcalde impediu que se votasen varias mocións do BNG no último Pleno. O ordenamento é moi claro ao establecer que as mocións teñen que ir detalladas na orde do día e teñen que ser votadas despois do seu debate, indicou o responsábel de política institucional do BNG das Mariñas, Henrique del Río. O PP non quere retratarse avalando que o Concello manteña as honras públicas a un alcalde condenado por estafa, que desde o BNG pediamos retirar, explicou.
Estas prácticas veñen sendo habituais en Oza desde as últimas eleccións municipais. O goberno do PP trata por todos os medios de vetar a labor do BNG como oposición, explicou Estefanía Busto.
Na mesma liña, o voceiro do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, lembrou que todo o proceso da fusión de Oza e Cesuras foi escurantista e ao servizo dos intereses do PP. Jorquera engadiu que o BNG continúa sen ter a representación que lle corresponde na Xunta Xestora e calificou todo o proceso que seguiu o PP como golpismo institucional.
Francisco Jorquera recordou que continúa adiante o contencioso-administrativo que o BNG presentou contra o decreto da fusión dos dous municipios e avanzou que rexistrará unha nova batería de iniciativas para tratar de poñer fin ás irregularidades que todo o proceso presenta.
O parlamentar nacionalista recordou que continúa adiante o contencioso-administrativo que o BNG presentou contra o decreto da fusión dos dous municipios e avanzou que rexistrará unha batería de iniciativas para tratar de poñer fin ás irregularidades que todo o proceso presenta.