O BNG critica que o goberno local do PP non os fixera participes das honras públicas a un veciño
Coirós, 21 de marzo de 2014. O BNG anunciou que non asistirá mañá á homenaxe que celebrará o goberno local do PP a unha vítima do terrorismo xa que en ningún momento se nos fixo participes desta homenaxe nin soubemos destas honras até o dia de onte.
Vaia por diante a solidaridade do BNG coa familia desta e de todas as vítimas da violencia. Queremos deixar claro que o BNG sempre condenou calquera uso da violencia para acadar calquer fin político, indicou a voceira do BNG, Pura Ferreño, mais o goberno local do PP nunca nos trasladou a súa intención de levar a cabo esta homenaxe nin a nivel privado nin en ningún Pleno nin organo de decisión do concello polo que entendemos que é un acto partidario do Partido Popular e desde o BNG tomamos a decisión de non asistir.
E queremos deixar claro que desde o BNG sempre condenamos a violencia e sempre nos manifestámos en contra das expresións violentas, viñesen de onde viñesen
Desde o BNG consideramos que esta homenaxe como calquera outra debería intentar contar co maior apoio social posíbel e representar a vontade da maioría da nosa veciñanza, desde logo, esta non parece a intención do Partido Popular ao non facernos partícipes desta decisión.
Parécenos noxento o uso da dor das vítimas para conseguir obxectivos políticos que intenta facer o Partido Popular, condenou a voceira do BNG. E queremos deixar claro que desde o BNG sempre condenamos a violencia e sempre nos manifestámos en contra das expresións violentas, viñesen de onde viñesen.
Parécenos noxento o uso da dor das vítimas para conseguir obxectivos políticos que intenta facer o Partido Popular
A postura política de facer uso político das vítimas é vergoñenta cando noutros casos como nas vítimas da violencia machista ou nas propias vítimas da ditadura franquista, da que nunca fixeron unha condena clara, miran para outro lado, engadiu Ferreño. Non sei se desde o ano 80 no que se produciu o atentado que acabou coa vida deste veciño de Coirós non tivo ocasión o alcalde de trasladar ao Pleno ou ao BNG a súa intención de concederlle honras públicas, ironizou.
As nacionalistas insistiron na súa solidariedade a todas as vítimas da violencia e da súa aposta pola palabra e o dialogo como solución aos conflitos como sempre fixemos, concluíu Ferreño.