O BNG de Oza dos Ríos reclamará no Pleno que o Concello retire as honras públicas a Julián Lucas
Oza dos Ríos, 25 de febreiro de 2014. O BNG de Oza dos Ríos solicitará ao concello que lle retire as honras públicas a Julián Lucas, exalcalde de Cesuras e condenado por estafa. Lucas conta cunha praza e un monolito na súa honra na parroquia de Cutián que lle foi dedicada sendo el alcalde informou Estefanía Busto, portavoz do BNG en Oza dos Ríos, esta praza ven de cubrirse cunha pérgola cuxo custe ascende a 41 000 euros, financiada polo concello e a deputación engadiu a voceira nacionalista.
Para o BNG é inxustificábel desde o punto da ética política manter homenaxes públicos a unha persoa condenada en firme e inhabilitada como é o caso de Lucas
Para o BNG é inxustificábel desde o punto da ética política manter homenaxes públicos a unha persoa condenada en firme e inhabilitada, como é o caso de Lucas afirmou a concelleira nacionalista. Ademais da cuestión ética, os nacionalistas tamén criticaron o elevado custo da cuberta, exixeremos tamén do goberno local que deixe de malgastar cartos públicos en pérgolas e os dediquen a cubrir as necesidades da veciñanza, como a garantir a calidade da auga concluíu Busto.
O BNG exixirá ao goberno local que solucione o problema da auga en Cesuras.
Sanidade prohibiu o consumo da auga en Cesuras, non é a primeira ocasión, xa fai meses que no colexio teñen que mercar auga embotellada lembrou Estefanía Busto, o BNG preguntou en dúas ocasións que actuacións estaba facendo o concello para dar solución a este grave problema e non obtivemos resposta, é un escándalo que mentres se gastan os cartos públicos en pérgolas, parte da veciñanza ten que mercar a auga, o PP mostra así cales son as súas prioridades afirmou Busto.