O BNG de Oza dos Ríos lamenta que o PP impedira debater a moción sobre o GES no Pleno
Oza dos Ríos, 28 de abril de 2014. O BNG de Oza dos Ríos presentou no pleño desta mañá unha moción de urxencia na que solicitaba a regulación das taxas polo Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Curtis, mais o PP impediu que se debatera esta moción. O goberno local do PP prefire defender aos seus compañeiros de partido antes que á veciñanza, que pagará a taxa máis alta da provincia, afirmou Estefanía Busto, voceira do BNG en Oza dos Ríos.
O GES de Curtis é un dos 7 creados na provincia da Coruña e presta servizos aos concellos de Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Aranga, Cesuras e Oza e está subvencionado até o 80% pola Deputación e Xunta, polo que as localidades só asumen o 20% do custe anual, explicou a voceira nacionalista, o concello de Curtis vén de aprobar unha ordenanza na que se recolle a taxa pola prestación deste servizo (20/hora), o que supón que será a máis alta da provincia.
O BNG explicou con exemplos concretos o desfase de prezos se comparamos o custo do GES de Curtis co de Mugardos, gobernado polo BNG vemos que o prezo por hora en Mugardos é de 13, 85, fronte os 20 euros de Curtis, asimesmo o prezo de quilometraxe por desprazamento dos efectivos vai do 0,21/km en Mugardos até 1,20 en Curtis, afirmou a concelleira nacionalista.
O goberno local do PP prefire defender seus propios intereses antes que á veciñanza, que pagará a taxa máis alta da provincia
Mais isto non é todo, cada vez que os efectivos de Curtis teñan que desprazarse fóra do municipio o prezo incrementarase nun 50%, malia ser un servizo supramunicipal e estar dentro do seu ámbito de actuación explicou Busto, a única lectura que podemos sacar disto é que o PP de Curtis pretende facer negocio a costa da veciñanza da comarca e co visto bo dos alcaldes da comarca.
A concelleira nacionalista explicou que xa tiñan rexistrado esta e outras mocións pero que unha vez máis o PP non as incluíu na orde do día do Pleno. O concepto de democracia do Partido Popular no novo concello resultado da fusión segue sendo non permitir que se debatan ningunha das nosas propostas, criticou Busto, están a impedir que os veciños e veciñas que apostaron polo BNG se vexan representados.
O PP sigue impedindo que o BNG teña a representación que lle corresponde na Xunta Xestora.
O PP volveu nomear a través do DOG un novo membro da xestora sabendo previamente que esta persoa ía presentar a súa renuncia coa única intención de seguir impedindo que o BNG teña a representación que lle corresponde na Xunta Xestora, criticou Estefanía Busto, en lugar de poñerse en contacto con nos para nomear a representación que nos correspondería seguen nomeando persoas que saben previamente que van renunciar e seguen demorando todo o posíbel dar conta aos Plenos para impedirnos ter a representación que nos corresponde.