O BNG celebra que a veciñanza lle gañara o pleito a Gas Natural Fenosa polas talas irregulares
Coirós, 26 de abril de 2014. O BNG congratulouse de que a Audiencia Provincial da Coruña dea a razón á veciñanza afectada pola tala indiscriminada levada a cabo por Gas NaturalFenosa no outono de 2010. Alegrámonos de que a audiencia provincial estime parcialmente as demandas dos veciños e veciñas afetados por esta tala, indicou Pura Ferreño, portavoz do BNG en Coirós.
O BNG xa levara unha moción ao Pleno de Coirós e unha iniciativa ao Parlamento galego para reclamar o seu apoio á veciñanza afectada. Xa dixemos no seu momento que a necesidade de manter unha franxa de protección non xustifica este abuso por parte de Gas Natural Fenosa e parece que a xustiza nos deu a razon a nos e á veciñanza, explicou Ferreño.
A nacionalista informou de que a Audiencia provincial condenou a Gas Natural Fenosa a pagar 64 018,68 aos afectados e afectadas en concepto de danos e perdas ocasionadas nos terreos da súa propiedade, cos intereses legais correspondentes.
O BNG xa levara unha moción ao Pleno de Coirós e unha iniciativa ao Parlamento galego para reclamar o seu apoio á veciñanza afectada
A sentenza considera probado que sen dúbida se orixinaron danos nunhas propiedades privadas, cunha curta extralimitada e sen distincións, dado que se podían ter cortado as ramas, e non árbores enteiras polo pé, cuxas cachopas mesmo cuantificou o perito da demandada, expuxo Ferreño. quen parabenizou aos veciños e veciñas que continuaron coas súas demandas lexítimas fronte aos abusos dunha grande empresa.