O BNG celebra en Betanzos un encontro para facer públicas as súas propostas sobre feminismo
Betanzos, 8 de maio de 2014. O BNG celebrará mañá venres un encontro para facer públicas as súas propostas sobre feminismo. Diante das políticas do Partido Popular que atacan ás mulleres e pretenden facernos retroceder 30 anos, o BNG temos propostas reais para visibilizar ás mulleres, indicou a responsábel de acción feminista das Mariñas, Estefanía Busto.
Trátase dun encontro para explicar ás mulleres as nosas propostas, coa proxección dun vídeo, música e debate para escoitar ás mulleres e recoller tamén as súas propostas e opinións, explicou Busto.
No encontro intervirán Victoria Louro, candidata do BNG ao Parlamento Europeo e Goretti Sanmartín, membro da executiva do BNG así como outras mulleres nacionalistas das Mariñas.
Diante das políticas do Partido Popular que atacan ás mulleres e pretenden facernos retroceder 30 anos, o BNG temos propostas reais para visibilizar ás mulleres
As nacionalistas criticaron que PSOE e PP só se lembren das mulleres en datas sinaladas pero non teñan unha política real en materia de igualdade. No propio concello de Betanzos existe un Plan de Igualdade que o propio goberno incumpre reiteradamente e que non se traduce en cambios reais nas políticas do goberno local, criticaron as nacionalistas, desde o BNG defendemos propostas reais fronte ao retroceso e recortes en materia de igualdade que está levando a cabo o PP desde o goberno do Estado e da Xunta.
Queremos facer visibeis ás mulleres e que se escoite a nosa voz, mentres outros pretenden decidir por nos nós queremos dar voz ás mulleres na Unión Europea, concluíu.