O BNG de Oza preguntou no Pleno como vai facer o alcalde para baixarse o soldo
Oza dos Ríos, 5 de decembro de 2013. O BNG preguntou no pleno como se ía efectuar a baixada de salario do alcalde, xa que entendemos que o lugar para é o pleno do concello e non un plató de televisión, é unha falta de respecto para a veciñanza e para a corporación, explicou Estefanía Busto, portavoz do BNG en Oza dos Ríos.
As duras críticas que recibiu o popular González Cacheiro fixeron que só uns días despois de aprobarse inicialmente o orzamento para o exercicio de 2014 anunciara nun programa de televisión que renunciaba á subida recorda a voceira nacionalista. Pensa vostede renunciar a suba do salario como anunciou e que salario vai cobrar?, interpelou Busto. A nacionalista tamén pediu que o goberno do PP explicase como vai modificar as bases de execución do orzamento tendo en conta que votou a favor do mesmo e non pode, legalmente, presentar alegacións.
O alcalde non deu resposta a ningunha destas preguntas, limitouse a criticar á oposición, chegando a perder as formas e mesmo faltando ao respecto informou Busto. Malia a baixada do salario, as partidas destinadas a gastos de órganos de goberno parécennos excesivas, desde o BNG mantemos a mesma postura e informamos á veciñanza, que aclare cal vai ser o gasto en dedicacións, engadiu a portavoz nacionalista.
Estefanía Busto: Entendemos que o lugar para é o pleno do concello e non un plató de televisión, é unha falta de respecto para a veciñanza e para a Corporación
Os nacionalistas tamén se interesaron polo estado da auga en Cesuras, despois de saberse que nalgunhas parroquias non é apta para o consumo non nos parece de recibo que se lles cobren as taxas por un servizo que non se lles presta apuntou Busto, isto supón un problema de sanidade, mais o PP prefire investir o POS en asfaltar camiños e en gasto corrente no canto de solucionar os problemas reais das veciñas e veciños concluíu a concelleira nacionalista.