O BNG obriga ao PP a rectificar o nomeamento da xestora de Oza-Cesuras
Oza dos Ríos, 19 de novembro de 2013. Alfonso Rueda buscou todas as tretas para evitar que o BNG ocupase a representación que a veciñanza lle outorgou, mais acabáronselle as excusas, asegurou a voceira do BNG en Oza dos Ríos, Estefanía Busto, ao enterarse esta mañá por medio do Diario Oficial de Galiza do seu nomeamento como vogal na xestora do municipio fusionado de Oza-Cesuras.
O PP valeuse dunha interpretación irregular da Lei, dun episodio de transfuguismo e mesmo non se quixo dar por enterado de quen era concelleira do BNG en Oza antes da fusión explicou. Todo con tal de pegar un pucheirazo, secuestrar a vontade dos 800 veciños e veciñas que confiaron no BNG e sacar do medio á oposición que lle molesta, denuncia. E unha vez que converteron o nomeamento da xestora nun circo de tres pistas non lles quedou máis remedio que dar marcha atrás e rectificar, obrigados polo BNG enfatiza a voceira nacionalista.
Alfonso Rueda valeuse dunha interpretación irregular da Lei, dun episodio de transfuguismo e mesmo non se quixo dar por enterado de quen era concelleira do BNG en Oza antes da fusión. Buscou todas as tretas para evitar que o BNG ocupase a representación que a veciñanza lle outorgou, mais acabáronselle as excusas.
Non se pode deixar só na xestora a un PP que á primeira ocasión que se lle presenta adxudica a tala do monte público do Sanatorio de Cesuras a un concelleiro do seu partido, explicou Busto Dopazo. Os nacionalistas aseguran que defenderán na xestora os intereses de toda esa veciñanza que non se sinte representada polo goberno do PP. Casos como o do monte do Sanatorio ilustran moi ben a que se debe os desvelos de Alfonso Rueda por deixar fóra do novo concello ao BNG ao prezo que fose, explica. É obvio que alguén ten que controlar ao goberno do PP e, como demostrou o caso do Sanatorio, o PSOE non é que estea moito polo labor, engadiu.
O BNG explicou que malia recuperar a voz e o voto que a veciñanza lle outorgou en Oza e Cesuras manterán o recurso contra a fusión porque porque se fixo de costas ao pobo, nun proceso repleto de irregularidades e sen respectar as mínimas normas democráticas. En todo caso, o circo que montou o PP coa fusión ven demostrar que o que mal comeza, mal acaba, concluíu Estefanía Busto.