O BNG anuncia o seu voto en contra ao orzamento do novo concello fusionado de Oza e Cesuras
Xoves, 21 de novembro de 2013. O BNG anunciou o seu voto en contra aos orzamentos do novo concello de Oza-Cesuras, que se debaterán no Pleno extraordinario que se vai celebrar mañá.
Parécenos que como mínimo vergoñento comprobar como o alcalde pretende subir o seu salario un 297%, de 1346 euros brutos/mes a 4006 euros brutos/mes. Ao final do ano o alcalde vai cobrar 56084 euros de cartos de todos e todas, é escandaloso, criticou a voceira do BNG Estefanía Busto, non me estraña que o PP non quixera que estiveramos na Xunta Xestora para poder transmitir este auténtico escándalo e este roubo á cidadanía.
A voceira do BNG explicou que ademais pretenden liberar outra vogal mais da xunta xestora a media xornada, cobrando 850 euros brutos ao mes, 11900 euros mais ao ano. En total van cobrar só en soldos a final de ano 67984 euros a isto hai que engadir dietas dos organos de goberno 38240, 11000 mais para transporte e 13000 en atencións protocolarias, é dicir en paparotas. Estes datos fan escandalizar a calquera, indicou Busto.
Parécenos que como mínimo vergoñento comprobar como o alcalde pretende subir o seu salario un 297%, de 1346 euros brutos/mes a 4006 euros brutos/mes. Ao final do ano o alcalde vai cobrar 56084 euros de cartos de todos e todas, é escandaloso
O goberno do novo concello fusionado vai gastar tamén 19000 euros en publicidade e propaganda, según explicaron os nacionalistas. Non sei se é que o alcalde xa non se lembra de que o gran aforro da fusión ían ser 70000 euros en soldos de políticos e que só hai 6 meses aseguraba que o único que tiña claro era que non ía aumentar o seu salario, criticou Estefanía Busto, parece que a costume de Feijoo de manipular a realidade e contar medias verdades se está extendendo polo PP ultimamente.
Amortización de emprego público
Desde o BNG explicaron tamén que según a proposta da RPT que nos entregaron van amortizar outra praza de emprego público esta vez de subalterno alguacil. O ano pasado o que era, daquelas, alcalde de Oza amortizou un terzo do cadro de persoal do concello, recordou Busto, claro para poder manter ese salario é normal que teña que amortizar prazas de emprego público.
Agora entendemos porque tiña tanto interese en defender a fusión de concellos, non era polo benestar da veciñanza senón polo seu propio benestar como se fai evidente para todos e todas, concluíu a voceira do BNG.