O BNG exixiu ao goberno de Miño unha solución para os afectados de Costa Miño Golf
Miño, 12 de setembro de 2013. O BNG criticou que o goberno local pretenda seguir gastando cartos dos veciños e veciñas en preitear contra os propios veciños.
É totalmente vergoñento que o alcalde diga que a súa maior preocupación é pagarlle aos veciños e veciñas afectadas e ao mesmo tempo pretenda seguir recorrendo a sentenza, denunciou o BNG de Miño, parece que pretende rirse da veciñanza.
Os nacionalistas indicaron tamén que a decisión última sobre se presentar ou non un recurso é do goberno local, non dos técnicos. Os veciños afectados polas expropiacións levan mais de unha década esperando para cobrar o que lles corresponde polas expropiacións e parécenos impresentábel que o goberno local non se preocupe de representalos senón todo o contrario.
O goberno local pretende seguir gastando cartos dos veciños e veciñas en preitear contra os propios veciños
O BNG de Miño exixiu ao goberno local do PP que asuma a súa responsabilidade deben pedir desculpas a toda a veciñanza e dimitir, mais en lugar diso o que fan e executar outra urbanización. Desde o BNG critican que ningún dos edís do Partido Popular en Miño asumise ningún tipo de responsabilidades e os custos das súas decisións ímolas pagar todos os veciños e veciñas.
Miño é o exemplo perfecto do modelo urbanístico do PP, indicaron desde o BNG, o goberno preiteando contra a veciñanza para defender intereses privados.
Os nacionalistas recordaron que teñen presentada unha iniciativa no Parlamento para que o goberno do Partido Popular na Xunta obrigue ao goberno local a dar unha solución aos afectados e afectadas.
Estamos estudando presentar unha nova iniciativa para intentar parar unha nova urbanización en Monte Piñeiro, informaron. É un auténtica barbaridade construír á beira da praia, nunha paraxe natural vivendas coa cantidade de vivendas baleiras que hai no noso concello e coa urbanización de FADESA case deshabitada, expuxeron, ademais, de ser un negocio ruinoso para o Concello pagar a urbanización e unha indemnización á promotora para construír vivenda que non se sabe a quen se lle vai vender.