O BNG de Coirós criticou que o goberno local aforre a costa de falta de servizos para a veciñanza
Coirós, 6 de setembro de 2013. O BNG criticou que, unha vez mais, o concello ten remanente positivo nas contas xerais porque non se inviste en servizos para a veciñanza. Non nos parece que sexa positivo aforrar a costa de que os veciños e veciñas non desfruten nin sequera dos servizos mínimos que a lei obriga aos concellos a prestar como auga ou saneamento, indicou a portavoz do BNG en Coirós, Pura Ferreño.
O investimento no concello é case inexistente, agás a que vai asociada a subvencións de outras administracións, indicou a voceira do BNG, o que supón que coa redución das subvencións cada vez hai menos investimento no Concello. A nacionalista defendeu no Pleno para aprobación das contas que se celebrou onte en Coirós que o PP vende como éxito o remanente positivo, cando iso quere dicir que gastou mal os cartos públicos, entre outras cousas, porque non dá os servizos que a Lei lle exixe.
O PP vende como éxito o remanente positivo na conta xeral, cando iso quere dicir que gastou mal os cartos públicos, entre outras cousas, porque non dá os servizos que a Lei lle exixe
Así, Ferreño preguntouse cantos núcleos aínda non teñen saneamento ou traída de augas, dous servizos que a Lei obriga a emprestar ao Concello de Coirós. Menos fachenda e máis servizos, recetou. A nacionalista explicou que o groso do orzamento vaise en gasto corrente e acusou ao goberno local de escurantismo grandes cantidades de cartos públicos reflexanse en epigrafes de outros gastos de maneira que nin os grupos da oposición nin a veciñanza podemos saber en que se gastan os cartos de todos e todas concluiu.
Os nacionalistas tamén denunciaron a ausencia dunha política cultural por parte do goberno de Coirós. Por toda política cultural o PP prevía no ornamento 40 000 euros para subvencións nominativas, isto é, a dedo, explica. Parece obvio que a cultura que queren promover o goberno do PP é a do clientelismo, denuncia. E malia isto, sobráronlle 14 000 euros, explica.
O BNG criticou que o goberno local do PP non invista un peso en prevención contra a violencia de xénero
O BNG tamén denunciou que a conta xeral de Coirós denuncia que o goberno do PP non gastou un céntimo dos 12 000 euros previstos no orzamento para políticas contra a violencia de xénero. Aí vense as claras as prioridades do PP, indicou Ferreño, os números din que ao PP non lle preocupa absolutamente nada a violencia contra as mulleres.