O BNG exixe que os orzamentos da Xunta contemplen orzamento para as promesas da fusión
Oza dos Ríos, 23 de outubro de 2013. O BNG de Oza dos Ríos criticou que os orzamentos da Xunta de Galiza non contemplan ningunha das partidas que a Xunta prometera como premio á fusión. Estes orzamentos son unha mostra máis de que o proxecto da fusión de concellos estaba cheo de promesas baleiras, apuntou Busto, estes orzamentos demostran que non hai investimentos para ningunha das obras que se contemplaban no proxecto da fusión, nin centro de día nin escola infantil.
Os orzamentos da Xunta só contemplan para Oza dos Ríos un investimento de 40 000 nun convenio para amañar un camiño, explicou a nacionalista. Igual que nos orzamentos do Estado non hai un peso para soterrar a liña do tren, nos da Xunta non hai nada para financiar todas as promesas que o PP fixo aos veciños e veciñas de Oza para convencelos das bondades da fusión, engadiu.
Despois de inaugurar un valo publicitario na campaña electoral, o presidente da Deputación tivo a ben asinar un convenio para financiar unha parte da expropiación dos terreos, explicou Busto, mais non sabemos con que cartos pensan executar a obra, xa que o orzamento da escola infantil de Mandaio ascende a 400 000 euros dos que o goberno do PP na Xunta non consigna absolutamente nada.
Igual que nos orzamentos do Estado non hai un peso para soterrar a liña do tren, nos da Xunta non hai nada para financiar nin o centro de día nin a escola infantil que o PP prometera aos veciños e veciñas
A nacionalista criticou tamén a falta de orzamento para a rehabilitar o antigo sanatorio de Cesuras e convertilo nun Centro de día. Hai un ano que Beatriz Mato, Conselleira de Benestar se comprometeu a incluír nos orzamentos de 2014 máis de un millón de euros, mais non hai partida ningunha para restaurar o edificio, apuntou Busto.
O presidente e vicepresidente da Xunta de Galiza viñeron xantar a Oza co alcalde e o goberno local, non sabemos con que cartos se pagou esa comida, mais polo que sabemos o alcalde non aproveitou para defender á veciñanza e reclamarlle que cumpra todo canto prometeu aos veciños e veciñas, apuntou Estefanía Busto. Parécenos lamentábel que tanto o alcalde como o presidente da Deputación, padriño no seu momento desta fusión, se mostren satisfeitos cuns orzamentos que incumpren todo o que prometeron hai un ano.