O BNG de Bergondo denuncia o total desleixo do goberno local no Monte da Fame
Bergondo, 24 de outubro de 2013. O BNG de Bergondo denuncia o total desleixo do goberno local no que respecta aos traballos realizados no Monte da Fame.
É fácilmente constatábel, cunha visita ao lugar, que o camiño amañado hai escasamente dous anos presenta un estado deficiente, denunciaron os nacionalistas, as beiravias están cheas de maleza o que fai que se atasquen e poidan producir desbordamentos de auga cara o polígono industrial debido a forte pendente.
Ademáis despois do proxecto de reforestación levado a cabo ainda se atopan no lugar moreas de madeira sen retirar que xa están sendo cubertas pola maleza, explicaron.
Dende o BNG de Bergondo esiximos ao goberno local que tome as medidas oportunas para que a empresa encargada dos traballos remate de retirar a madeira alí apilada todavía e deixe o camiño no seu estado inicial, así como que se proceda a limpeza das beiravias.