O BNG exixe que a alcaldesa explique a súa implicación na trama Pokemon
Bergondo, 14 de febreiro de 2014. O BNG denunciou que a alcaldesa do PSOE tentou amañar un contrato negociado para aquagest segundo pon en evidencia o sumario da trama Pokemon.
No mes de maio de 2012, segundo datos do mesmo sumario, a empresa convidou á alcaldesa de Bergondo e ao alcalde de Betanzos, ambos do PSOE, a un xantar no pazo de Mariñán, propiedade da Deputación provincial, explicou Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas. En xuño do mesmo ano, o sumario recolle un procedemento negociado en Bergondo, que a alcaldesa pretendía adxudicar a Aquagest, indica López.
O trato de favor tería chegado ao extremo de que a propia alcaldesa chama ao representante de Aquagest para que rectifique a documentación presentada, xa que senón non lle poderían adxudicar o contrato, asegura.
Exiximos á alcaldesa que aclare a súa implicación na trama Pokemon, xa que pensamos que xogar con cartos públicos para beneficiar a empresas amigas é éticamente moi reprobábel
Exiximos á alcaldesa que aclare a súa implicación na trama Pokemon, xa que pensamos que xogar con cartos públicos para beneficiar a empresas amigas é éticamente moi reprobábel. Sexa ou non delicto e resulte ou non imputada, parécenos que despois de coñecer estes datos os veciños e veciñas merecen unha explicación, insistiu.
Entendemos que a actual alcaldesa está eticamente desacreditada para ocupar calquera cargo de representación política
Entendemos que a actual alcaldesa está eticamente desacreditada para ocupar calquera cargo de representación política, engadiu Cristina López. Despois de ver como o Presidente da Xunta avalou no Parlamento as actuacións dos cargos do PP implicados, quereriamos saber se o PSOE tamén vai avalar estas actuacións ou vai exixir a renuncia da actual alcaldesa?, concluíu.