O BNG critica que o goberno local siga malgastando en excursións e xantares os cartos públicos
Bergondo, 20 de febreiro de 2014. O BNG criticou que o goberno local do PSOE, siga na súa política de malgastar cartos públicos en xantares e excursións. Parécenos que hai outras prioridades no noso concello que non son excursións e bailes, criticou David Carro, do BNG de Bergondo.
Estes días volveu chegar ás nosas casas outra nova propaganda das actividades do Concello para o vindeiro mes. Estas actividades son unha excursión ao Entroido da Limia e unha festa polo día internacional da muller, explicou Carro.
Parécenos se cabe máis lamentábel que o goberno local pretenda conmemorar unha data reivindicativa como é o día internacional da muller cunha festa, criticou o nacionalista, non sei que é o que hai que celebrar o dereito de recortes que levan sufrindo as mulleres os últimos anos? A proposición de lei de Gallardon que vai impedir que as mulleres decidan sobre os seus corpos? Parécenos unha iniciativa moi desafortunada nos tempos que corren.
As actividades do concello para o mes de marzo son unha excursión ao Entroido da Limia e unha festa polo día internacional da muller
Desde o BNG esiximos do Goberno Local do PSOE, que explique aos veciños e veciñas, aos que están a padecer os recortes no servizo de axuda a domicilio, que non contan con centro de día, ou a todo o pobo que acude a pedir axuda ao concello acuciado pola crise e que recibe un non por resposta porqué non hai orzamento para atender estas necesidades mentres se gasta o orzamento de servizos sociais en novas festas e excursións varias, indicou David Carro do BNG de Bergondo.
O BNG lamentou tamén que o PSOE pretenda conmemorar o recorte de dereitos para as mulleres cunha festa
Os nacionalistas criticaron tamén o despilfarro que supón enviar convites para estas merendolas aos domicilios mentres se recorta en servizos sociais ou non existen programas de emprego.