O BNG da comarca “agasalla” rosarios ao PP en protesta pola refoma da lei do aborto

O BNG da comarca “agasalla” rosarios ao PP en protesta pola refoma da lei do aborto

foto rosarios 1Betanzos, 17 de xaneiro de 2014. O BNG entregou esta mañá de xeito simultáneo en todos os concellos da comarca uns rosarios, dirixidos ao PP, para amosar, dun xeito simbólico, o seu rexeitamento á reforma da lei do aborto que promoven os conservadores. “Todas as mulleres e particularmente as feministas non nos cansaremos de berrar que non queremos os seus rosarios nos nosos ovarios”, explicou Victoria Louro, responsábel comarcal de Acción Feminista do BNG, “esta é unha lei feita á medida da Conferencia Episcopal. Con esta lei o PP convertese en inimigo das mulleres e pretende negarnos o dereito a decidir nos mesmas sobre os nosos corpos”.

En Betanzos foi a concelleira María Otero a que explicou que "a Igrexa pode dicir o que queira, pero o poder civil non pode facer as leis segundo os ditados do catecismo". Por este motivo, asegurou "regalámoslle un rosario ao PP" xa que "ten moita querencia por imaxes relixiosas e recorren a pedirlles favores a elas para tapar a súa incompetencia".  A edila, que estivo acompañada do voceiro do BNG, Henrique del Río, aludía a como Feijóo, a ministra de emprego ou a propia exalcaldesa pediron a imaxes relixiosas que solucionen "o desemprego, a crise e outros problemas sociais" que o PP "non é capaz de afrontar como gobernante".

“Trátase dunha lei inxusta, xa que se ceba con aquelas que menos teñen e non poden pagar viaxes ao estranxeiro para abortar”

“Estamos diante dunha lei retrógrada, que nos nega ás mulleres a capacidade de decidirmos sobre os nosos corpos, o único que pretende o Partido Popular e que volvamos ao rol tradicional de nais e coidadoras”, afirmou Estefanía Busto, portavoz do BNG no concello de Oza dos Ríos tras facer entrega do rosario, “que se prohíba o aborto non implica que vaia desaparecer, só vai deixar dúas alternativas, aquelas que poidan permitilo viaxarán ao extranxeiro e as que non poñerán en risco as súas vidas, acudindo a métodos clandestinos” engadiu Busto.

foto rosarios 2“Trátase polo tanto dunha lei inxusta, xa que se ceba con aquelas que menos teñen e non poden pagar viaxes ao estranxeiro para abortar”, explicou, “no fondo desta lei o que esta é que as mulleres son incapaces de decidir elas mesma o que queren, decide o medico, os pais, o xuíz... mais a muller non pode tomar a decisión de se quere ser nai e cando”.

O BNG da comarca “agasalla” rosarios ao PP en protesta pola refoma da lei do aborto