O BNG criticou que o propio PP non se pon de acordo en se respalda ou non a fusión de concellos
Oza dos Ríos, 14 de xaneiro de 2014. O BNG de Oza dos Ríos criticou que o PP no o Ministerio de Facenda non cré na fusión de concellos que o PP na Xunta e na Deputación vende como solución a todos os problemas do rural galego.
O concello resultante da fusión de Oza dos Ríos e Cesuras ía recibir segundo o PP máis ingresos do Estado, explicou Busto, este era o principal dos beneficios que contemplaba o proxecto da fusión. Mais, agora resulta que para o Ministerio de facenda seguen sendo dous concellos independentes, polo que a participación nos ingresos do estado seguirá sendo a mesma e non vai haber os incrementos que se aplican en función do número de habitantes, indicou a voceira nacionalista.
Imos encadeando mentira tras mentira coa fusión, a veciñanza aínda non veu ningún dos beneficios que o PP se cansou de prometer afirmou a concelleira nacionalista, nin a Deputación, nin a Xunta nin o Estado premiaron esta fusión, a veciñanza aínda non percibiu ningunha vantaxe, até o de agora o único beneficiado foi o alcalde que triplicou o seu salario, engadiu Busto.
Estefanía Busto: Imos encadeando mentira tras mentira coa fusión, a veciñanza aínda non veu ningún dos beneficios que o PP se cansou de prometer
O que deberían facer no PP é poñerse de acordo, xa que están afirmando unha cousa aquí e o seu contrario en Madrid afirmou a voceira nacionalista. A Xunta de Feijoo e a Deputación de Calvo preséntanse como pioneiros e auguran máis fusións, mais polo que se ve, os seus compañeiros de partido en Madrid non opinan o mesmo, reclamou, antes de facer experimentos terán que definir que modelo territorial queren implantar.