O BNG criticou que o goberno local derroche cartos públicos en facer propaganda da súa xestión
Miño, 9 de xaneiro de 2014. O BNG criticou que o PP malgaste cartos públicos en enviar unha revista de propaganda da súa xestión a todos os veciños e veciñas. Parécenos escándaloso que nos tempos que corren o goberno do Partido Popular derroche cartos de todos e todas en facer propaganda política, explicou Henrique Abraira do BNG de Miño, enviaron a todas as casas unha revista á que lle chaman Miño magazine de 40 páxinas editada a toda cor, para facer propaganda da súa desastrosa xestión no Concello.
Os nacionalistas consideran que non é admisíbel que se pretenda facer publicidade dun partido político con cargo ao Concello. Se o PP quere facer publicidade que o faga cos seus propios recursos e sobre todo que non intente enganar a veciñanza amosando unha realidade paralela sobre a situación de Miño, criticou Abraira, o PP olvidouse no Miño magazine de informarnos das diferentes sentenzas urbanísticas - que afectan a moitos veciños e veciñas, que despois de 12 anos seguen sen cobrar un prezo xusto polas súas terras - , dos recursos pagados con cartos públicos e da terríbel situación en que se encontra o Concello condenado a apagar enormes indemnizacións pola xestión do Partido Popular ao longo destes anos.
Os nacionalistas consideran que non é admisíbel que se pretenda facer publicidade dun partido político con cargo ao Concello.
O que xa nos parece incluso cómico é que nos pretenda facer crer nunha política de austeridade e de evitar gastos superfluos un goberno que derrocha cartos de todos e todas en facer este tipo de propaganda, concluíu o nacionalista.