O BNG criticou a nova manobra do PP para manter o BNG fora da xestora do novo concello de Oza-Cesura
Oza dos Ríos, 14 de novembro de 2013. O BNG criticou, máis unha vez a deriva circense do PP na xestión da fusión. "Pasaron xa catro meses desde que os dous concelleiros independentes renunciaron ao seu posto na xestora, e o PP, a través dunha orde no DOG nomea agora a unha persoa que nin sequera foi concelleiro" afirmou Busto, referíndose a Víctor Sánchez, anterior portavoz do BNG en Oza dos Ríos.
"O PP actúa como se as institucións fosen a súa casa, sen ter en conta a vontade popular", indicou, o que pretende é apartar ao BNG o maior tempo posíbel para facer e desfacer na xestora sen a presenza do BNG, que se ve lle resulta incómoda.
"Este nomeamento non ten sentido algún, xa que a persoa nomeada polo BNG de Oza dos Ríos renunciou por motivos persoais a tomar posesión e non formou parte nin da corporación municipal de Oza", explicou Estefanía Busto, "O BNG non recibou comunicación ningunha por parte da Xunta como foi habitual en todo o procedemento, enteramonos polo DOG", engadiua voceira do BNG en Oza dos Ríos.
Busto: Tardaron catro meses en substituir as renuncias e agora nomean ao noso exportavoz que nin chegou a ser concelleiro por motivos persoais.
"Entendemos que todo isto responde a algunha extratexia do PP, que pretende seguir secuestrando a vontade da veciñanza", apuntou a voceira do BNG, "será que lles molesta o BNG na oposición, mais non van evitar que continuemos traballando", "máis de 800 veciñas e veciños votaron ao BNG e non os imos deixar sen representación" engadiu Busto.
Eu non teño intención ningunha de entrar na xestora, explicou Victor Sánchez, a concelleira do BNG era Estefanía e é quen ten que seguir representando á veciñanza.