O BNG critica que concelleiros do PP recollan sinaturas para que a veciñanza se adhira a ENCE
Oza dos Ríos, 12 de febreiro de 2014. O BNG de Oza dos Ríos criticou as actuacións dos concelleiros do PP ante a recollida de sinaturas para adherirse ao proxecto de ENCE, o prego de recollida de sinaturas conta con dúas modalidades de adhesión, unha de apoio ao proxecto e outra na que as persoas asinantes mostran o seu interese en desenvolver o cultivo da biomasa, parécenos escandaloso que dous representantes públicos, membros do goberno municipal do PP, se dediquen a recoller compromisos para unha empresa privada afirmou Estefanía Busto, voceira do BNG en Oza dos Ríos.
Este tipo de actuacións son inadmisíbeis, os concelleiros están para servir á veciñanza, non para facerlle o traballo a ENCE a costa do erario público apuntou a voceira nacionalista, hai moitos problemas por solucionar no concello, e no canto de traballar en beneficio da veciñanza, os concelleiros populares dedícanse a facer propaganda dunha empresa privada da que non temos ningún compromiso, engadiu a portavoz do BNG.
Estefanía Busto: Este tipo de actuacións son inadmisíbeis, os concelleiros están para servir á veciñanza, non para facerlle o traballo a ENCE a costa do erario público.
Isto vén demostrar que todos os proxectos vinculados á fusión non eran máis que propaganda baleira, primeiro Begano e agora isto, o desemprego medrou no municipio un 7% con respecto ao mes pasado, neste contexto non é admisíbel que as únicas medidas do PP para xerar emprego é esperar a que caia do ceo unha solución en forma de multinacionais, concluíu Busto.