O BNG de Bergondo exixe o amaño do parque público de Santa Marta

O BNG de Bergondo exixe o amaño do parque público de Santa Marta

Imaxe do estado do parque infantil de Santa Marta

Bergondo, 12 de maio de 2014. “Logo de que veciños e veciñas de Santa Marta nos trasladaran ao BNG as súas inquedanzas polo estado no que se atopa o parque público sito a carón do local social da parroquia”, explicou David Carro do BNG de Bergondo, “tras unha visita ao lugar, é facilmente constatábel o seu estado de abandono”.

Desde o BNG de Bergondo solicitan que cando menos se corte a herba do mesmo, xa que "é case máis alta a herba que os propios xogos para os cativos e cativas”, ironizou Carro.

Desde o BNG de Bergondo solicitan que cando menos se corte a herba e se lle faga un mínimo mantemento

Santa Marta 2“A alcaldesa e o seus concelleiros non adoitan preocuparse moito polo estado de conservación de parques, pistas e outros servizos públicos do noso concello pero a este paso poderán ver a herba dende os despachos", criticou Carro.

“Este é un claro exemplo da deixadez na que esta instalado o Goberno Local do PSOE de Bergondo que non é capaz nin de facer o traballo de mantemento diario”, concluíu.

O BNG de Bergondo exixe o amaño do parque público de Santa Marta