O BNG de Bergondo denuncia que o Concello incumple a súa propia ordenanza de limpeza
Bergondo, 19 de agosto de 2013. O BNG denuncia que o Concello de Bergondo é o primeiro en incumprir a ordenanza de limpeza que ven de aprobar fai uns meses. Na ordenanza prohíbese a colocación de cartaces en determinados espazos públicos como marquesinas e prevese a colocación duns paneis para colocar estes cartaces, explicaron os nacionalistas, mais estes paneis aínda non están colocados.
En datas pasadas o Goberno Local instaba, nomeadamente as comisións de festas, ao cumprimento desta ordenanza, cando aínda non habilitaron os espazos para poder cumplila, criticiaron. ¿Onde están situados estes paneis que o Goberno Local debía instalar?, xa que a día de hoxe estes brillan pola súa ausencia.
Desde o BNG exixen ao goberno local que instale os paneis para poder colocar os cartaces e que realicen unha campaña informativa para que os veciños e veciñas coñezan este e outros aspectos da nova ordenanza de limpeza. Antes de amonestalos, como nos consta teñen xa feito en algún caso, deberan garantir os medios para o seu cumplimento, indicaron desde o BNG de Bergondo.
Desde o BNG exixen ao goberno local que instale os paneis para poder colocar os cartaces e que realicen unha campaña informativa sobre a nova ordenanza de limpeza
Ademais os nacionalistas exixiron que se dea o mesmo trato a todos os veciños e veciñas se aproban unha ordenanza e se exixe o seu cumprimento será a toda a veciñanza por igual, porque a dia de hoxe aínda podemos ver cartaces colocados en marquesinas e outros lugares prohibidos sen que, que saibamos, o goberno local tomara medida ningunha.
O BNG de Bergondo insta ao Goberno Local a cumplir a ordenanza que eles mesmos aprobaron antes de querer facerllela cumplir aos veciños e veciñas xa que deberían ser os primeiros en dar exemplo, concluiron.