O BNG anunciou hoxe que o TSXG admitiu a trámite o seu recurso contra a fusión de Oza e Cesuras
Oza dos Ríos, 2 de outubro de 2013. O BNG fixo público esta mañá que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admitiu a trámite o seu recurso contra a fusión entre Oza dos Ríos e Cesuras.
O noso recurso foi admitido a trámite e partir de agora a Consellería de Presidencia ten un prazo de 20 días hábiles para achegar o expediente da fusión, explicou Henrique del Río, responsábel de acción institucional do BNG das Mariñas. Unha vez rematado este prazo, teremos outros 20 días hábiles para presentar as nosas alegacións á tramitación do expediente de fusión.
Os nacionalistas anunciaron que presentarán varias alegacións a este proceso. Con independencia de que no expediente poidan aparecer outras irregularidades, hai irregularidades que xa hai tempo que vimos anunciando, explicou a portavoz do BNG de Oza dos Ríos, Estefanía Busto.
En primeiro lugar, nunca estiveron claras as maiorías que se teñen que aplicar neste proceso. Aplican segundo lles convén a Lei de Administración Local de Galiza ou a Lei de Bases, indicou a voceira do BNG. Ademais, como xa criticamos no seu momento, nestas votacións participaron concelleiros que están inhabilitados para exercicio de cargo público, como o ex alcalde de Oza dos Ríos e o ex alcalde de Cesuras.
Desde o BNG, indican tamén que todo o proceso se levou a cabo de xeito escurantista sen informar de nada á veciñanza nin aos propios membros das Corporacións e en base a un proxecto que non contiña un estudo claro das consecuencias da fusión.
Nos orzamentos do Estado non hai unha soa partida para o noso concello, malia ter prometido o PP o soterramento da vía do tren ao seu paso polo centro de Oza
Estefanía Busto, insistiu en que o nomeamento da xestora así como o seu funcionamento segue a ser unha incógnita para nós. Este nomeamento está repleto de irregularidades e como consecuencia o resultado no respecta a vontade da veciñanza dos dous concellos, criticou, o BNG foi excluído desta xestora malia representar a preto de 800 veciños e veciñas en Oza dos Ríos e Cesuras.
Os orzamentos do Estado non contemplan partida ningunha para o novo concello fusionado
O presidente da xestora e propio Partido Popular prometeron soterrar a vía do tren ao seu paso polo centro de Oza dos Ríos, informou Busto, sen embargo, nos orzamentos do Estado non se contempla partida ningunha para o noso concello. Non sabemos con que cartos pensan levar a cabo esta obra, ironizou
A voceira do BNG sinalou que hai tempo que vimos advertindo de que a fusión estaba asentada sobre promesas infundadas e polo que parece a realidade danos a razón.