O BNG anuncia alegacións aos orzamentos de Bergondo
Bergondo, 6 de marzo de 2013. O BNG criticou que o goberno local do PSOE aprobara os orzamentos en Xunta de goberno local en lugar de escoitar á veciñanza e intentar chegar a acordos.
Parécenos vergoñento o espectáculo que está dando o PSOE, mentres Caamaño anuncia iniciativas para recurrir a nova lei de administración local é o propio PSOE o primeiro en aplicala, advirten os nacionalistas. O primeiro concello da comarca en aplicar esta lei é un concello gobernado polo PSOE, non sei se é que non se falan entre eles ou non len a prensa, ironizou David Carro do BNG de Bergondo. Está claro que o único obxectivo do PSOE e manterse no poder en Bergondo a toda costa, incluso contradecindo a liña política do seu propio partido, engadiu.
Os nacionalistas consideran dubidosa a legalidade desta aprobación, ao ser o primeiro concello que intenta evitar dar participación á veciñanza e aos outros grupos políticos, non está claro se esta aprobación é ou non legal. Como consecuencia e só para manterse no poder, está levando ao concello a unha situación de absoluta inseguridade, criticou Carro.
Se a actuación do PSOE busca o interese da veciñanza e evitar un novo orzamento prorrogrado, ao mellor o mais sinxelo era dar participación á veciñanza en lugar de intentar aprobalo pola porta de atrás, indicou Carro.
Os nacionalistas consideran que con esta manobra o goberno local demostra a súa tremenda debilidade e as súas ansias de perpetuarse como sexa no poder. Se de verdade tivese como única intención servir á veciñanza tería presentado unha cuestión de confianza para aprobar os orzamentos. Mais o PSOE prioriza manterse no poder sobre escoitar a veciñanza para a que di gobernar, indicou David Carro.
As nacionalistas anunciaron alegacións ao orzamento
O BNG vai presentar alegacións a este orzamento, xa que nos parece totalmente fóra da realidade, para tentar que se teñan en conta as nosas propostas, explicou Carro.
Se de verdade o PSOE tivese como única intención servir á veciñanza tería presentado unha cuestión de confianza para aprobar os orzamentos. Mais o PSOE prioriza manterse no poder sobre escoitar a veciñanza para a que di gobernar.
Bergondo lidera a estatística de desemprego nas Mariñas e o PSOE prevé destinar a políticas de fomento do emprego tan só 15 000 euros, advirte o nacionalista. Pola contra, prevé fundir este 2014 uns 36 500 euros en festas, indica. É unha maneira un tanto irresponsábel de queimar os cartos de todas e todos no concello con máis paro da comarca, insisten.
Desde o BNG tamén cuestionan os 72 500 euros que o executivo do PSOE pretende repartir a dedo entre as entidades e colectivos que ao PSOE lle peta por motivos que non aclara. Así, aseguran que o executivo local tan só prevé 12 800 euros para repartir nunha convocatoria pública á que poidan concorrer todas as asociacións en igualdade de oportunidades. Cos cartos de toda a veciñanza o PSOE pretende facer electoralismo en lugar de atender as verdadeiras necesidades de Bergondo, advirten.