O BNG acompañou á veciñanza no seu recurso contra a depuradora
Bergondo, 24 de xullo de 2013. O BNG de Bergondo presentou esta mañá un recurso contra a resolución de Augas de Galicia favorábel ao vertido da depuradora na praia de Gandarío. O BNG presentou este recurso en apoio ás demandas veciñais, como se decidiu na xuntanza que se celebrou hai uns días en Gandarío con veciños e veciñas, entidades ecoloxistas, representantes doutras plataformas veciñais a favor da conservación da Ría e outros grupos políticos, explicaron os nacionalistas.
O Bloque Nacionalista Galego defende, desde hai anos, a necesidade de buscar un emprazamento máis axeitado á depuradora que a Xunta de Galiza prevé construír en Gandarío. De feito, na fase de exposición pública, presentamos alegacións ao mesmo ao considerarmos que esta opción ía ter unha negativa repercusión medioambiental, explicaron desde o BNG, hai outras alternativas viábeis que non ocasionan estes prexuízos.
Desde o BNG informaron que tamén como se decidiu na xuntanza da pasada semana presentaran unha moción nos concellos afectados pola problemática da situación da Ría respaldando esta petición veciñal.
É curioso ver que PSOE e PP neste tema, como en moitos outros asuntos urbanísticos, teñen exactamente os mesmos intereses
Diante das descualificacións verquidas polo goberno local de PSOE e VB na prensa contra o BNG por defender unha alternativa á depuradora a carón da praia de Gandarío, os nacionalistas reiteraron que temos moi claro que nos debemos á veciñanza, e que se levamos defendendo unha alternativa a este sensentido desde o 2006 non imos cambiar d
Non é a preocupación polo saneamento e posta en valor da ría a que move neste asunto a PSOE, VB e PP, que digan que está detrás de todo isto, exixiron. En calquera caso desde o BNG insisten en que nos estamos á disposición da veciñanza en calquera tipo de movilización social que decida emprender.e chaqueta agora que mesmo os informes da Xunta nos dan a razón. Os nacionalistas aseguran que é curioso ver que PSOE e PP neste tema, como en moitos outros asuntos urbanísticos, teñen exactamente os mesmos intereses.