Aínda coa renuncia a subida do soldo que promete Cacheiro o gasto do goberno sería de 111 685 euros
Oza dos Ríos, 27 de novembro de 2013. O BNG criticou que o alcalde do Concello fusionado de Oza e Cesuras, do Partido Popular, anunciara onte que renuncia a aumentarse o salario até 4006 euros mais pensa aumentalo até os 2691,83 euros brutos ao mes que cobraba no ano 2012.
Desde o BNG indicaron que aínda baixandose o salario ao que cobraba no 2012 serían ao ano 37685,62 euros de cartos de todos e todas, aos que hai que sumar os 11760 de soldos da media adicación da concelleira do PP de Cesuras. Según a concelleira do BNG, Estefanía Busto, aínda que non sexa a cantidade escandalosa que aprobou a comisión xestora no último Pleno, 49445 euros ao ano en salarios parécenos moi excesivo na situación económica que vivimos.
A isto hai que engadir 38 240 en dietas dos organos de goberno, 11000 mais para transporte e 13 000 en atencións protocolarias, en total serían 111 685 euros en mantera ao seu alcalde e a concelleira liberada, explicou Busto, gustaríanos saber se isto lle parece admisíbel e, sobre todo, que nos diga onde está o aforro de 70 000 euros en retribucións de cargos políticos que tanto anunciaron.
Busto: Parécenos vergoñento ver como di que 1000 euros non son un salario digno para ninguén, canto pensa que é o soldo mínimo interprofesional? E en todo este baile grotesco de cartos e soldos, onde quedan as necesidades da veciñanza?
Sería importante que nos dixera como pensa modificar o acordo do Pleno para baixarse o soldo dos 4006 euros que ten aprobados, se é que o pensa modificar ou se cambiou de opinión outra vez desde onte á noite, ironizarou Busto.
É lamentábel ver a este señor como recoñece que só se baixaba o salario como paripé diante dos traballadores e traballadoras despedidos do concello de Oza un terzo do cadro de persoal o ano pasado-. Os traballadores e traballadoras seguen na súa casa pero según el agora ten dereito a compensar o que deixou de gañar, todo isto con cartos públicos, criticou a voceira do BNG en Oza dos Ríos.
Parécenos vergoñento ver como di que 1000 euros non son un salario digno para ninguén, canto pensa que é o soldo mínimo interprofesional? E en todo este baile grotesco de cartos e soldos, onde quedan as necesidades da veciñanza?.