O BNG anuncia alegacións ao orzamento do novo concello fusionado de Oza e Cesuras

O BNG anuncia alegacións ao orzamento do novo concello fusionado de Oza e Cesuras

Estefanía Busto, portavoz do BNG en Oza dos Ríos

Oza dos Ríos, 26 de novembro de 2013. O BNG anunciou hoxe alegacións ao orzamento do novo concello fusionado de Oza e Cesuras. “Como xa dixemos no Pleno de aprobación inicial dos orzamentos é vergoñento ver como o único interese do PP nesta fusión é tapar os verdadeiros problemas dos veciños e veciñas, a costa de beneficiar ao alcade que se triplica o soldo e aos seus concelleiros a través de novas adicacións ou de contratos ás súas empresas familiares”, criticou Busto, “é lamentabel escoitar que se sacrificou durante un ano cando se baixou o salario a 1346 euros, que é mais do que a maioría cobramos ao mes. Os traballadores e traballadoras seguen despedidos pero só o alcalde vaille costar en soldos ao concello 56084 euros de cartos de todos e todas ao ano, é inadmisíbel”.

A concelleira do BNG, Estefanía Busto, explicou que “unha vez se publique no BOP o orzamento abrese un prazo de alegacións no que todos os veciños e veciñas poden presentar alegacións. Desde logo o BNG vai alegar ante algo que nos parece unha auténtica tomadura de pelo á veciñanza”, explicou. “En total van cobrar só en soldos, entre o alcalde e a concelleira a media xornada do PP de Cesuras, a final de ano 67984 euros e a isto hai que engadir 38240 en dietas dos organos de goberno, 11000 mais para transporte e 13000 en atencións protocolarias”.

“O único interese do PP nesta fusión é tapar os verdadeiros problemas dos veciños e veciñas e beneficiar ao alcade e aos seus concelleiros a través de novas adicacións ou de contratos ás súas empresas familiares”

“Di o presidente da Deputación que espera que moitos concellos sigan o exemplo de Oza dos Ríos e Cesuras, pois como se fusionen A Coruña e Arteixo e tomen exemplo dunha subida do 297%, o soldo do presidente do goberno non chega para pagarlle ao futuro alcalde”, ironizou Busto.

O BNG explicará o orzamento a veciñanza

“Imos enviar un boletín a todas as casas explicando o que realmente quere facer o PP con este orzamento e facilitaremos tamén modelos de alegacións para os veciños e veciñas que queiran presentalas”, explicou Busto. “Dar estas explicacións correspondería ao goberno do PP, pero en vista de que non o fan e só buscan manipular os datos para que a xente non saiba que se están enriquecendo a costa de todos e todas”.

O BNG explicará os verdadeiros datos do orzamento á veciñanza

O goberno do novo concello fusionado vai gastar tamén 19000 euros en publicidade e propaganda, según explicaron os nacionalistas. “Será para convencernos do boa que foi a fusión cando a realidade é que os intereses son outros. Agora entendemos porque tiña tanto interese en defender a fusión de concellos, non era polo benestar da veciñanza senón polo seu propio benestar”, concluíu.

 

O BNG anuncia alegacións ao orzamento do novo concello fusionado de Oza e Cesuras