Denunciamos o abandano que sufre o Concello de Miño
O BNG - Asembleas advirte do abandono en que se atopa o concello chegando a ser este un risco para os as persoas que a diario utilizan parques infantís ou pasen polo camiño inglés.
O BNG - Asembleas advirte do abandono en que se atopa o concello chegando a ser este un risco para os as persoas que a diario utilizan parques infantís ou pasen polo camiño inglés.
Desde BNG - Asembleas abertas denunciaron a falta de mantemento e o abandono que se atopa Miño, sobre todo o Camiño Inglés coas pontes de madeira con táboas podres ou rotas (nas que xa houbo algún accidente), sen limpar e rozar e tamén dos parques infantís nos que tamén se accidentaron nenos pola falta de mantemento e reparación.
Olalla Barro, portavoz do BNG Asembleas Abertas de Miño, declarou que “estes días volveuse a ver o abandono en que se atopa o concello neste caso no parque infantil do Rabazal, onde se atopan táboas levantadas con parafusos o aire de maneira que calquera neno se pode accidentar. Esta falta de mantemento tamén a sofre o Comiño Inglés a o seu paso polo noso concello sen limpar e cas pontes de madeira nun estado lamentable”.
Desde BNG - Asembleas abertas de Miño denunciaron a falta de mantemento e o abandono que se atopa o concello, que se fai evidente no Camiño Inglés ou nos parques infantís
Este abandono reflíctese tamén nas parroquias rurais do concello, totalmente abandonadas, con por exemplo, puntos de luz rotos ou que non funcionan dende hai xa tempo, estradas e pistas sen limpar ou sen rozar, “mentres Ricardo Sanchez e o PP se dedican a gastar o diñeiro e adornar as casetas da praia ou en montar pistas de pádel”, criticou Olalla Barro.
O BNG - Asembleas abertas esixe que se deixen de gastar os cartos en cousas que non son necesarias e que se faga o mantemento e as reparacións necesarias e urxentes tanto nas parroquias rurais como nos parques infantís e no Camiño Inglés.