O alcalde debería dimitir pola súa xestión lamentábel na contratación de socorristas
O BNG-AA pediu hoxe a dimisión do alcalde e do Concelleiro responsábel de persoal Agustín Andrés despois de que a Asociación de Educación ambiental e do Consumidor retirara ao Concello as bandeiras azuis pola falta de socorristas nas praias. O alcalde debería dimitir pola súa xestión lamentábel na contratación de socorristas
Miño, 11 de xullo de 2016. O BNG-AA pediu hoxe a dimisión do alcalde e do Concelleiro responsábel de persoal Agustín Andrés despois de que a Asociación de Educación ambiental e do Consumidor retirara ao Concello as bandeiras azuis pola falta de socorristas nas praias. O alcalde debería dimitir pola súa xestión lamentábel na contratación de socorristas, explicou a portavoz nacionalista, Olalla Barro.
A xestión do goberno local de Ricardo Sánchez Oroza e o Partido Popular está sendo vergoñenta e parécenos ademais incomprensíbel xa que falamos do PP que leva gobernando Miño un montón de anos e polo tanto non son novos nin inexpertos. O único que vemos en Miño é ao alcalde facendo publicidade continuamente de cada mínima cousa que fai e un goberno paralizado cunha falta de interese absoluta por ser útil á veciñanza, criticou Barro, é inmoral cobrar cartos públicos por esta xestión lamentábel.
Desde o BNG-AA pediron a dimisión do alcalde e do concelleiro de persoal e unha solución inmediata a esta situación para garantir uns servizos mínimos nas praias e a seguridade da veciñanza e visitantes, concluíu a voceira nacionalista.