Pedimos cambios na taxa de enganche ao saneamento
O BNG de Bergondo ven de esixir ao Goberno Local que modifique a ordenanza correspondente aos enganches das vivendas a rede de saneamento. "Actualmente prodúcense variacións tan dispares que un veciño paga polo enganche 400 e outro ten que pagar ata 5 veces mais”
Bergondo, 28 de xullo de 2017. O BNG de Bergondo ven de esixir ao Goberno Local que modifique a ordenanza correspondente aos enganches das vivendas a rede de saneamento. "Actualmente prodúcense variacións tan dispares que un veciño paga polo enganche 400 e outro ten que pagar ata 5 veces mais” expuxo o voceiro nacionalista David Carro, que engadiu "debido a unha mala planificación das obras por parte dos responsables municipais dos últimos anos, se non tes unha arqueta diante da casa tes que pagar a obra completa, o que eleva os custes ata 2000 euros en algún caso, algo totalmente inxusto".
Dende o BNG explicaron que texto da ordenanza fiscal número 13 que regula a subministración de auga potábel a acometida á rede xeral de saneamento e a prestación do servizo de saneamento e depuración de augas residuais recolle os prezos da acometida por metro pero en ningún caso fala de que a veciñanza teña que asumir a contratación da obra nin a instalación de bombeos.
Por iso, o BNG pediu ao Goberno Local que adopte de medidas para rematar que tome medidas para solucionar este problema como modificar a ordenanza correspondente, planificar mellor as obras para que non se dean estes desaxustes, e que o concello asuma o custe do enganche que supere o establecido para un enganche normal, para que todo aquel que se queira contar con este servizo teña que soportar o mesmo custe agás as bonificacións que se deberan dar as persoas cun menos nivel de renda.
Ademais, "esta situación contribúe a xerar un grave problema medioambiental, xa que hai vivendas que renuncian a conectarse ao saneamento e depuración polo custo que lles supón e isto provoca vertidos e un problema ambiental grave, nas praias e nos rios do Concello”.