Denunciamos a existencia dun vertedoiro incontrolado en Loureda, Guísamo

18342521_807742652723936_8111044110159129340_n

O BNG de Bergondo denunciou a existencia dun vertedoiro incontrolado no lugar de Loureda, en Guísamo, entre a urbanización Baldomir e a autopista AP-9 no que en teoría é unha zona verde.

Denunciamos a existencia dun vertedoiro incontrolado en Loureda, Guísamo

Bergondo, 9 de maio de 2017. O BNG de Bergondo denunciou a existencia dun vertedoiro incontrolado no lugar de Loureda, en Guísamo, entre a urbanización Baldomir e a autopista AP-9 no que en teoría é unha zona verde. ''Tratase dunha morea de vellas uralitas, restos de obra, radiadores, ... un pouco de todo'', explicou o voceiro do BNG, David Carro.

Dende o BNG instamos ao Goberno Local a tomar as medidas oportunas para a retirada destes residuos, así como para que non se repitan estas situacións, xa que vertedoiros aparecen con demasiada frecuencia no noso municipio.

''A existencia de vertedoiros incontrolados é responsabilidade de quen deposita residuos no monte, pero tamén do Goberno Local que debe tomar medidas para corrixir a situación'', indicou Carro.

''Contando cun punto limpo no polígono industrial, e con recollida semanal de enseres voluminosos, parece inconcibíbel que continúen a darse estas situacións, pero visto que segue a ser frecuente a aparición de vertedoiros incontrolados instamos a concellería de medio ambiente primeiro que ten que levar a cabo campañas de concienciación ambiental para que a xente sexa consciente da importancia da reciclaxe, da necesidade dun tratamento adecuado dos residuos e das consecuencias destes vertidos para o medio”, concluíu o portavoz nacionalista. 

Denunciamos a existencia dun vertedoiro incontrolado en Loureda, Guísamo