O BNG pregunta ao MITECO sobre as obras de rexeneración na praia de Miño
Néstor Rego quer saber se as obras garanten o respecto ambiental do entorno e que non teñan impacto no banco marisqueiro
Néstor Rego quer saber se as obras garanten o respecto ambiental do entorno e que non teñan impacto no banco marisqueiro
Néstor Rego pregunta ao Goberno sobre o proxecto de rexeneración do complexo duna-marisma da praia grande no concello de Miño. «Pensa o Ministerio respectar os compromisos adquiridos na reunión coa confraría de pescadores de Miño? Plan de actuación e calendario específico.»
Desde o BNG, alegráronse de que se teña en conta a opinión da Confraría de Miño, neste proxecto e lembraron que en abril do ano pasado rexistraron unha iniciativa no Congreso, a través do deputado nacionalista, Néstor Rego, preocupándose sobre todo polo impacto que esta actuación puidera ter no banco marisqueiro
Rego reclama completar o proxecto presentado polo MITECO coa información precisa e que non se contemplou “pois son datos imprescindíbeis para medir as posíbeis consecuencias sobre o medio natural e os sectores produtivos”