oficina bancaria
Bergondo
David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo

O BNG pedirá que o Pleno de Bergondo se posicione en contra do peche da oficina do banco Santander en Guísamo

Vimos de coñecer que a oficina do Banco Santander de Guísamo vai ser pechada neste mesmo mes de abril, provocando un grave prexuízo as veciñas e veciños do noso concello, que van ter que desprazarse para poder xestionar os seus aforros ou cumprir as súas obrigas tributarias, entre outros aspectos

Desde o BNG, piden que o Pleno apoie ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores da banca en defensa dos postos de traballo e do mantemento dos servizos financeiros básicos no territorio galego e que inste á Xunta de Galiza a desenvolver, no seu ámbito de competencia,  as actuacións necesarias para evitar a deslocalización  de servizos e a perda de postos de traballo no sector da banca 

Ler novas