as-marinas
Novas
ría de Betanzos

Que repercusión ten a caída do gasto dos orzamentos do Estado en Galiza ten para os concellos da comarca das Mariñas

O BNG criticou hoxe a repercusión que  a caída do gasto dos orzamentos do Estado en Galiza ten para os concellos da comarca das Mariñas. Non hai partida ningunha reservada para a rexeneración ecolóxica da ría de Betanzos, que se recollera nas contas no 2012 pero nunca chegou a executarse.Tampouco hai ningunha partida para a tantas veces prometida solución para os problemas de seguridade viaria en Queirís no Concello de Coirós.

Ler novas
Novas

Lamentamos que os orzamentos da Xunta adíen un ano máis a solución ao grave problema de contaminación que padece a ría de Betanzos

"Non hai fondos para os centros de día de Betanzos ou de Miño, malia o recente acordo parlamentario para abrilo xa. Tampouco para a mellora dos centros de atención primaria na comarca, nin para mellorar o servizo de pediatría". As nacionalistas censuran que as contas do PP deixen novamente sen cartos a rehabilitación do parque do Pasatempo

Ler novas
Novas

Trasladaremos aos plenos os prexuízos polo temporal

Propomos que os concellos asesoren á veciñanza afectada a través dos servizos municipais, a fin de axudar na presentación de reclamacións ou solicitudes de axudas, así como efectuar o seguimento na súa tramitación, para compensar os danos e perdas sufridos con ocasión do temporal.

Ler novas