Presentamos no Mandeo unha batería de iniciativas para poñer fin á contaminación no vertedoiro das Pías
“Os rexeitamentos da planta de Nostián que acaban no nacemento do Mandeo non cumpren coa normativa no relativo ao contido de materia orgánica, e o que queremos é que Nostián funcione axeitadamente e ofreza compost de calidade ao país para recuperar as terras de cultivo”
Volvimos denunciar a falta de persoal para cubrir as vacacións do persoal sanitario nas Mariñas
“Este fin de semana a pediatra que atende á veciñanza de Abegondo, Oza e Cesuras, xa que é compartida colleu vacacións e de novo o Sergas non contratou persoal para substituíla”
Trasladaremos ao Parlamento galego a situación do servizo sanitario na comarca das Mariñas
Trasladaremos de novo esta problemática que se está repetindo en toda a comarca e noutros concellos do País polos recortes do PP na sanidade pública ao Parlamento e esixiremos persoal abondo para un servizo de sanidade público de calidade
Poremos en marcha un centro de transformación agropecuaria comarcal para crear valor engadido
Ana Miranda participou nun encontro con produtores da comarca para recoller as súas demandas de cara á aprobación da nova Política Agraria Común (PAC).
Defendemos a comarcalización de servizos como chave para ter máis e mellores servizos na comarca
“A nosa comarca precisamente fai proba de que as fusións de concellos non solucionan ningún problema de carencias de servizos á veciñanza e que é necesario buscar outras alternativas e nós defendemos comarcalizar servizos para dar máis e mellores servizos, de forma máis eficiente, á nosa veciñanza”
Presentamos hoxe o noso programa comarcal para As Mariñas
“Betanzos ten que recuperar o seu papel de cabeceira comarcal e tomar a iniciativa na posta en común de servizos e políticas públicas cos concellos da súa comarca”
Exixiremos no Pleno extraordinario de Betanzos que o goberno local poña solución á situación do servizo de axuda no fogar
O BNG comprometeuse despois do 26 de maio a estudar a opción de remunicipalizar o servizo despois de coñecer os problemas que outras empresas cos mesmos donos teñen na xestión do SAF en concellos limítrofes como Abegondo e meses atrás soubemos da situación do servizo en Miño
Puxemos en funcionamento unha APP para móbiles para recoller propostas para o programa electoral
Esta ferramenta estará activada para todos os concellos da comarca das Mariñas -Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño, Irixoa, Paderne e Oza-Cesuras- para que a veciñanza poida facer as súas achegas e propostas ao BNG
Que repercusión ten a caída do gasto dos orzamentos do Estado en Galiza ten para os concellos da comarca das Mariñas
O BNG criticou hoxe a repercusión que a caída do gasto dos orzamentos do Estado en Galiza ten para os concellos da comarca das Mariñas. Non hai partida ningunha reservada para a rexeneración ecolóxica da ría de Betanzos, que se recollera nas contas no 2012 pero nunca chegou a executarse.Tampouco hai ningunha partida para a tantas veces prometida solución para os problemas de seguridade viaria en Queirís no Concello de Coirós.