Saneamento da ría e os ríos da comarca
14 abr. 2008 - 19:50
Exiximos a erradicación dos vertidos á ría e a súa posta en valor para o desenvolvemento de actividades económicas. Do mesmo xeito, dos vertedoiros ou minicentrais no curso superior do río Mandeo que supoñen unha ameaza para o medio e mesmo para as persoas. Reclamamos da Xunta e dos Concellos unha implicación efectiva para poñer fin aos verquidos de augas fecais aos ríos brigantinos e para levar adiante un saneamento integral da nosa ría.