O BNG reclama máis apoio para a cultura de base
Os recortes do goberno galego do PP que se cebaron co sector cultural galego, os ataques á nosa lingua e ao todo o que nos identifica e define como un pobo con cultura propia están levando a nosa cultura a unha situación crítica. Reclamamos máis apoio para a nosa cultura, especialmente para a cultura de base. Que se conte coa opinión das entidades e asociacións culturais na programación cultural dos concellos e se promova a súa presenza na mesma. O BNG reclama tamén apoio e promoción para os novos creadores.