O BNG cualificou de medida desesperada do PP o recurso da sentenza da urbanización Miño Costa Golf
Miño, 5 de xullo de 2013. O BNG calificou hoxe de medida desesperada do PP para non facerse responsábel das consecuencias das súas políticas o recurso do goberno local de Miño ante o Tribunal Supremo. Segundo os nacionalistas, o recurso do goberno do PP é para evitar pagar aos expropiados pola urbanización Miño Costa Golf os 21 millóns de euros que o TSXG valorou que lles corresponden en xustiza polos seus terreos.
Segundo o BNG os veciños e veciñas afectados polas expropiacións van ser os principais prexudicados por esta manobra desesperada do Partido Popular xa que levan mais de 10 anos agardando para cobrar o que legalmente lles corresponde, insistiron.
Grazas ao PP Miño é un negocio redondo para os especuladores e ninguén se fai responsábel das consecuencias para a xente, advirten desde o BNG. Os nacionalistas insisten na súa exixencia de que o goberno municipal do PP dimita en pleno e que deixen de gastar os cartos da veciñanza en recursos para non asumir a ruína en que meteron o Concello.
Grazas ao PP Miño é un negocio redondo para os especuladores e ninguén se fai responsábel das consecuencias para a xente
Á sentenza que condena ao municipio a asumir os 21 millóns de euros das expropiacións de Fadesa ven de se lle sumar outra penalización pola que a Xunta deberá pagar 200.000 euros de indemnización á constructora que ía facer a obra de ampliación do porto que era a súa grande promesa nas municipais. Nin no Concello nin na Xunta o PP asume as consecuencias dos seus feitos por máis que lles custe miles de euros á veciñanza, censuran.
O BNG explicará o seu parecer nun acto público
O BNG está a desenvolver unha campaña informativa nas Mariñas dentro da campaña nacional non é unha crise é un roubo. Os nacionalistas consideran que Miño é o exemplo perfecto do espolio da crise e das políticas do PP: políticas contra o pobo e gobernos en favor dos especuladores. Aseguran que os culpábeis da crise que está levando a pobreza ou á emigración como única saída á maioría como demostra a historia de Costa Miño Golf.
O BNG anuncia unha campaña informativa para a veciñanza e un acto en Miño como exemplo do urbanismo do PP
Dentro desta campaña, o BNG celebrará un acto público o vindeiro día 11 desde as 20:00 h no local social da rúa, coa presenza de Ana Pontón, deputada no Parlamento de Galiza, e Henrique Abraira, do BNG de Miño. Miño pasou de ser un paraíso por construír, aínda que sería máis ben un paraíso para os especuladores e agora convertiuse nun pesadelo do que espertar, ironizou Abraira.