O BNG critica a hipocrisia do PSOE ao usar unha lei que ten recorrida para aprobar o orzamento
Bergondo, 30 de xaneiro de 2014. O BNG cuestionou que o PSOE de Bergondo pretenda aprobar un orzamento municipal valéndose dunha treta de dubidosa legalidade. Para os nacionalistas esta tentativa do PSOE ven demostrar o cinismo e a hipocrisía do PSOE. Opóñense á lei de reforma local nas Cortes, anuncian un recurso ante o Constitucional e mesmo traen a Pleno unha moción para derrogala no noso concello e despois unha alcaldesa incapaz de sentarse a falar e negociar nin coa oposición nin coa veciñanza, eméndalle a plana á súa propia liña para manterse no poder custe o que custe, conclúen, parécenos totalmente incoherente posicionarte en contra dunha lei e despois estar desexando aplicala para aprobar o orzamento sen contar con ninguén.
Os nacionalistas cuestionan que o PSOE elaborase os orzamentos sen contar coa opinión da veciñanza. Un orzamento elaborado de xeito participativo é moito máis transparente, a xente sabe en que se gasta, explican. É obvio que iso é precisamente o que quere evitar o PSOE forzando até a ilegalidade a nova lei de réxime local.
Para o BNG, as contas que o PSOE pretende aprobar na xunta de goberno son antisociais e están completamente fóra da realidade. O PSOE de Bergondo pretende aprobar un orzamento no que dedica 27 000 euros a gastos de protocolo e propaganda, censuran. Non nos estrana que queiran aprobar as contas pola porta de atrás, xa que prevén repartirse máis de 111 000 euros en salarios e dietas dos órganos de goberno, censurou o nacionalista David Carro.
Bergondo lidera a estatística de desemprego nas Mariñas e o PSOE prevé destinar a políticas de fomento do emprego tan só 15 000 euros, advirte o nacionalista. Pola contra, prevé fundir este 2014 uns 36 500 euros en festas, indica. É unha maneira un tanto irresponsábel de queimar os cartos de todas e todos no concello con máis paro da comarca, insisten.
Vendo este orzamento e a hipocrisía do PSOE disposto a ser o primeiro en facer uso dunha lei que teñen recorrida no Constitucional entendemos perfectamente a desconfianza da veciñanza que non ve que o Concello intente solucionarlle ningún problema
Desde o BNG tamén cuestionan os 72 500 euros que o executivo do PSOE pretende repartir a dedo entre as entidades e colectivos que ao PSOE lle peta por motivos que non aclara. Así, aseguran que o executivo local tan só prevé 12 800 euros para repartir nunha convocatoria pública á que poidan concorrer todas as asociacións en igualdade de oportunidades. Cos cartos de toda a veciñanza o PSOE pretende facer electoralismo en lugar de atender as verdadeiras necesidades de Bergondo, advirten. Entre estes cartos repartidos a dedo, figuran 5000 euros para o Arcebispado. Debe ser que non lles abonda cos cartos que reciben do Estado e con que non paguen a contribución polas fincas da Igrexa, ironizan.
É normal que queiran aprobar estas contas a porta pechada e sen que ninguén se entere, ironiza Carro, vendo este orzamento e a hipocrisía do PSOE disposto a ser o primeiro en facer uso dunha lei que teñen recorrida no Constitucional entendemos perfectamente a desconfianza da veciñanza que non ve que o Concello intente solucionarlle ningún problema.