O BNG anuncia o seu voto en contra á proposta do Plan de obras e servizos da Deputación
Oza dos Ríos, 4 de decembro de 2013. O BNG anunciou o seu voto en contra da proposta da alcaldía para o investimento do POS, que se debaterá no Pleno extraordinario que se vai celebrar mañá. A proposta só inclúe a pavimentación de camiños. Desde o BNG non nos opoñemos á realización destas obras se é que son precisas, apuntou Estefanía Busto, mais o que si reclamamos é que se permita participar á veciñanza e aos seus representantes na toma destas decisións, engadiu a concelleira nacionalista.
O PP destina o 50% do investimento do POS para asfaltar camiños e o outro 50% a gasto corrente, explicou Busto. Non é normal que lles estean cobrando aos veciños e veciñas de Cesuras unha taxa pola traída de auga, cando a auga da traída non é apta para o consumo humano, criticou Busto. Con esta situación de extrema gravidade o PP pretende facer ver que a necesidade mais grande da veciñanza e bachear un ano máis os camiños, indicou, é dunha irresponsabilidade abraiante o comportamento do goberno local.
Estefanía Busto: Non nos parece de recibo que o goberno local do PP diga no Pleno anterior que sobran cartos e por iso se pode triplicar o salario e agora pretenda destinar a metade do POS a gasto corrente
Non nos parece de recibo que o mes pasado o alcalde afirme no Pleno que pode triplicarse o salario, asumir unha media dedicación para unha concelleira do PP de Cesuras e aumentar escandalosamente os gastos de goberno e agora pretenda dedicar a metade dun Plan destinado a dar servizos aos veciños e veciñas a pagar ese gasto, criticou Busto.Se tan vantaxosa foi a fusión, non sei porque o PP quere destinar a metade do POS para gasto corrente, será que precisan deses cartos para pagar o salario do alcalde ironizou Busto.