O candidato do BNG, Henrique Abraira, puxo hoxe en valor o modelo dos concellos BNG, nun acto público Miño
Henrique Abraira cuestionouse se o concello de Miño “ten algún tipo de meigallo, mala sorte, ou porque as xentes que vivimos e traballamos en Miño estamos sometidas a algún tipo de castigo divino, ou tamén como lle gusta moito dicir ao actual alcalde ‘que o concello foi unha vítima da burbulla inmobiliaria’, parece claro que todo é consecuencia un proceso especulativo perfectamente organizado para beneficiar a empresas privadas e a certos particulares a conta da veciñanza nada tivo que ver”
Miño, 30 de novembro de 2018. O BNG puxo hoxe en valor o modelo dos concellos BNG en Miño, nun acto público no local social da Rúa no que interveu o candidato á alcaldía de Miño, Henrique Abraira, Ana Rial do BNG de Miño e Secundino García, alcalde de San Sadurniño.
O candidato á alcaldía de Miño cuestionouse se o concello de Miño “ten algún tipo de meigallo, mala sorte, ou porque as xentes que vivimos e traballamos en Miño estamos sometidas a algún tipo de castigo divino, ou tamén como lle gusta moito dicir ao actual alcalde ‘que o concello foi unha vítima da burbulla inmobiliaria’, parece claro que todo é consecuencia un proceso especulativo perfectamente organizado para beneficiar a empresas privadas e a certos particulares a conta da veciñanza nada tivo que ver”.
Henrique Abraira afirmou que pese a grande potencialidade que ten Miño atopase nunha situación moi preocupante pola actuación do Partido Popular, que nunca se preocupou do benestar da veciñanza. “Un gran potencial tanto cara o turismo, como no sector do marisqueo, seguindo polo noso sector forestal, no noso rural tamén seguemos a ter explotacións que se dedican a produción de horta e de gandeiría de leite e carne -debemos lembrar que Miño e a berce de variedades autóctonas de gran importancia e con un potencial inmenso como pode ser o tomate negro de Santiago ou o trigo da variedade Callobre-, tamén teño que mencionar o sector do pequeno comercio loitando día a día por sobrevivir”, indicou o candidato á alcaldía.
“Todo isto, indícanos que vivimos nun concello cun gran potencial económico e que non debería de ter problemas para desenvolverse con soltura no presente e no futuro, en canto de isto a realidade actual é que vivimos no concello máis endebedado de Galiza cunha débeda que sextuplica o máximo legal, cunha subida do taxa do IBI incrementouse nun 25% e a taxa do lixo até o máximo, acumulando unha suba dun 78% nos últimos 5 anos”, criticou Henrique Abraira, “porque as consecuencias da especulación estámolas sufrindo todas as veciñas”.
O candidato puxo como exemplo doutras políticas diferentes concellos como Allariz, Pontevedra, Moeche ou o mesmo San Sadurniño. O alcalde de San Sadurniño falou sobre a experiencia de goberno nun concello rural no que tamén parecía imposíbel derrotar ao PP.