O BNG advirte que o primeiro temporal xa levou parte da area de Miño
O BNG denunciou que o primeiro temporal do outono, a pasada semana, xa arrastrou parte do recheo deste verán deixando a vista un pequeno escalón na praia grande de Miño.
Miño, 23 de outubro de 2014. O BNG denunciou que o primeiro temporal do outono, a pasada semana, xa arrastrou parte do recheo deste verán deixando a vista un pequeno escalón na praia grande de Miño. "Xa advertimos no seu momento de que era moi probábel que isto acontecese", explicou Henrique Abraira do BNG de Miño, "se non se estudan as causas de que os temporais leven a area da praia e non volvan a depositala como sería de esperar o que estamos facendo con esta practica é empeorar a situación e tirar os cartos públicos".
Desde o BNG recordaron que o investimento en 50 000 metros cúbicos en area para a praia grande de Miño, extraída de Punta Langosteira, a principios do verán pasado foi de 853 mil euros. "Xa naquel momento advertimos de que non era de recibo gastar cartos públicos sen un estudo das mareas na Ría que esclareza as causas do trasvase da area da praia a outros lugares como á desembocadura do Río Baxoi".
Non é de recibo gastar cartos públicos sen un estudo das mareas na Ría que esclareza as causas do trasvase da area da praia a outros lugares como á desembocadura do Río Baxoi"
"Estes días xa podemos ver un novo 'escalón' na praia e só houbo un pequeno temporal a pasada semana. Esperamos non ter que atoparnos co transcurso do inverno coa praia e a Ría nunha situación aínda peor que o pasado ano", criticou Abraira.
Os nacionalistas reclamaron ao Concello que "asuma que o problema da Praia e da propia Ría vai moito máis alá de estragar unha morea de cartos todos os anos a principios do verán e se tome en serio a conservación das dunas e da praia"