Pedimos que a antiga escola de Cortiñán se acondicione para usos e actividades sociais
BNG pediu que a antiga escola de Cortiñán se acondicione para usos e actividades sociais. “Varios veciños da parroquia de Cortiñán comentáronnos o seu malestar polo estado de conservación da antiga escola unitaria que viña funcionando na parroquia até hai uns anos”
Bergondo, 12 de decembro de 2017. O BNG pediu que a antiga escola de Cortiñán se acondicione para usos e actividades sociais. “Varios veciños da parroquia de Cortiñán comentáronnos o seu malestar polo estado de conservación da antiga escola unitaria que viña funcionando na parroquia até hai uns anos”, explicou o portavoz do BNG, David Carro.
“A falta de mantemento dos espazos exteriores prexudican á veciñanza pola proliferación de animais como ratos, provocando un problema de salubridade así como continuas molestias á veciñanza dos edificios máis cércanos”, engadiu o portavoz nacionalista.
“Así mesmo, uralitas desprendidas da cuberta do patio convértense nun perigo para os viandantes e causan molestias polo ruído que provocan a calquera hora, especialmente durante o inverno”, indicou Carro.
Por todo isto o grupo nacionalista presentou unha solicitude para que se amañe este edificio municipal e se lle dea un uso como local social para diferentes actividades.