Por que votamos en contra dos orzamentos do PP para Oza e Cesuras?

Estefanía Busto é a portavoz do BNG en Oza e Cesuras
Estefanía Busto é a portavoz do BNG en Oza e Cesuras

Vemos como gasto en órganos de goberno local segue medrando e ascende xa a 102 175 euros para manter o salario do alcalde -45 mil euros- a dedicación parcial dunha concelleira -22 mil- ademais de 20 mil en dietas, 10 mil en locomoción e 4 mil en gastos para atención protocolaria

Por que votamos en contra dos orzamentos do PP para Oza e Cesuras?

Oza dos Ríos, 22 de febreiro de 2017. O BNG Asembleas Abertas de Oza dos Ríos e Cesuras votou en contra dos orzamentos do concello para o presente ano. “En primeiro lugar, non se nos deu ningún tipo de participación na elaboración deste orzamento, desde o BNG defendemos que a veciñanza poida opinar e decidir en que se gastan os cartos públicos”, explicou Estefanía Busto, voceira do BNG no concello.

“Vemos como gasto en órganos de goberno local segue medrando e ascende xa a 102 175 euros para manter o salario do alcalde -45 mil euros- a dedicación parcial dunha concelleira -22 mil- ademais de 20 mil en dietas, 10 mil en locomoción e 4 mil en gastos para atención protocolaria” informou a concelleira nacionalista “estas cifras parécennos escandalosas para un concello destas dimensións e que apenas sobre pasa os 5000 habitantes, o alcalde pode cobrar dietas e locomocións por desprazarse de Oza a Cesuras”, censurou Busto.

“Afondando no tema da transparencia, unha vez máis a metade dos fondos para subvencións será destinado para subvencións nominativas. Cuestionamos esta forma de adxudicar as subvencións, que vai en contra do artigo 5 da lei 9/2007 de subvencións de Galiza; trátase dun total de 45 147,30 euros adxudicados a dedo. E tamén, como todos os anos outros 3000 que se reserva o alcalde para facer clientelismo e que lle adxudica a quen el considere” informou a voceira nacionalista. “O lóxico sería elaborar unha orde de subvencións de xeito participativo, cun acordo entre os grupos e a veciñanza, xa que se trata de cartos de todos” engadiu Busto.

“O investimento estrela do ano pasado era a compra de terreo para construír vivenda pública, queremos saber onde están eses terreos e onde están as vivendas de protección, no orzamento deste ano non hai ningunha partida para esta medida” explicou a concelleira, “parécenos inmoral e unha tomadura de pelo que se faga propaganda con promesas de proxectos que nunca se levan a cabo” criticou a portavoz nacionalista. 

“En canto ao centro de saúde de Oza, vemos neste orzamento unha partida de 58 403 euros para a súa reparación, desde o BNG solicitamos na Xunta e no propio concello que se reparasen as deficiencias do ambulatorio, esperemos que neste ano por fin se cumpra” concluíu Busto