represion
Miño

O BNG demandou unha homenaxe ás 96 vítimas do terror franquista

O BNG-Asembleas abertas demandou ao alcalde unha homenaxe ás 96 vítimas do terror franquista. “Entendemos que a memoria é necesaria, imprescindíbel como acto de reparación”, indicou a voceira nacionalista, “imos solicitar por escrito no Concello que sexa realizada unha homenaxe a estes 96 veciños e veciñas, e especialmente as 12 persoas asasinadas, que sufriron a barbarie da represión franquista”.

Ler novas