“Hai homes que loitan un dia e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loita moitos anos e son moi bos. Pero hai os que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles" Bertolt Brecht
Acaba de irse un deses homes imprescindibles. Dunha maneira tan discreta como foi toda a súa vida e a súa loita. Xesús Doménech foi un home que loitou toda a vida por un País máis digno e un mundo máis xusto, desde diferentes responsabilidades organizativas dentro do BNG.
Foi un de tantos que, no Riazor de 1982, contribuía a fundar o Bloque Nacionalista Galego. Un home nobre, traballador e humilde cuxa entrega polo noso país xa estaba máis cá probada moito antes.
Nunca unha palabra máis alta que outra. Nunca protagonismo ou lucimento persoal. Mesmo cando asumiu o cargo de concelleiro en Abegondo fíxoo desde a convicción no proxecto e o grupo. Non por falta de principios ou de afouteza, senón pola entrega a unha causa colectiva durante toda unha vida.
Compañeiro exemplar, paciente profesor nos ámbitos nos que o seu desempeño profesional o convertira en experto, só desde esa aparcería cotiá se acada a comprender o oco que deixa unha persoa da talla humana de Suso Domenech. Unha ausencia que só se fará máis levadeira co seu exemplo impagábel.
Dende o BNG trasladamos o noso pésame á familia e a todas ás persoas que máis estreitamente compartiron vida con Suso, un bo e xeneroso.