O BNG de Miño pide información ao goberno municipal sobre a situación do IES Fraga do Eume

Henrique Abraira é o portavoz do BNG de Miño
Henrique Abraira é o portavoz do BNG de Miño

A Consellería de Educación prevé transformar este IES nun Centro Integrado de FP

“Esta decisión leva aparellado o traslado de 150 [email protected] para o IES de Breamo, entre eles o alumnado do concello de Miño que vai ao instituto a Pontedeume”

O BNG de Miño pide información ao goberno municipal sobre a situación do IES Fraga do Eume

Miño, 18 de maio de 2021O BNG de Miño pediu información ao goberno local en relación coa consecuencias da decisión da Consellería de Educación da Xunta de Galiza, de transformar o IES Fraga do Eume nun Centro integrado de FP.  “Esta decisión leva aparellado o traslado de 150 [email protected] para o IES de Breamo, entre eles o alumnado do concello de Miño que vai ao instituto a Pontedeume”, explicou o portavoz do BNG de Miño, Henrique Abraira. “Unha parte de alumnado sobre todo o do centro de Andrade vai rematar o ensino secundario o centro  o IES Fraga do Eume, e polo tanto esta decisión aféctanos directamente”. 

“Tamén demandaremos do goberno local de Miño que se interesen e demanden da consellaría de educación que garanta as aulas e os existencia de espazos suficientes para seguir cumprindo coas ratios e as separacións entre [email protected] para cumprir coas normas COVID, así como que se manteña a calidade do ensino”, engadiu o portavoz nacionalista. 

“Vemos  con preocupación esta decisión porque nos tememos que repercuta unha vez mais  no deterioro da calidade de ensino, xa que  suporía un aumento dun 40% do alumnado con respecto ao existente no IES Breamo, ademais de levar a cabo esta medida dunha maneira tan rápida e sen saber aínda que espazos  serán empregados e como será a reubicación do alumnado”, declarou Henrique Abraira portavoz do BNG de Miño.

“Pola nosa parte entendemos que a decisión de converter o IES Fraga do Eume nun Centro Integrado de FP de referencia no que teña a ver co profesionalismo en Hostalería e o Turismo e importante e positiva, mais non pode ser a conta de empeorar a calidade en outros niveis do ensino”, afirmou Abraira.

Desde o BNG de Miño apoiaremos todas aquelas mobilizacións e iniciativas que se leven a cabo desde a propia comunidade escolar afectada, e desenvolveremos as iniciativas institucionais precisas ao respecto de acadar toda a información que dea conta de cales van a ser as ratios nas aulas, liñas por cursos que pasarán a existir, de ser o caso, así como a atención á Pedagoxía Terapéutica ou cantas outras atencións específicas existían e daban cobertura ás necesidades do alumnado

O BNG de Miño pide información ao goberno municipal sobre a situación do IES Fraga do Eume