minicentrais
Vídeo
Non ao espolio dos nosos recursos!

Non ao espolio dos nosos recursos!

Vídeo do acto reivindicativo o venres pasado 19 de marzo na minicentral da Castellana 👇. Desde o BNG reclamamos que se recupere a xestión pública destas concesións e que se eliminen as que teñan un impacto ambiental nos nosos ríos. Non ao espolio dos nosos recursos!
Ler novas
Novas
Acto reivindicativo na minicentral da Castellana

O BNG pediu na minicentral da Castellana a recuperación para a xestión pública das minicentrais en trámite de extinción das concesións

“Esta minicentral xunto con outras como a do Zarzo, a de Güimil ou a de Fervenzas están en tramite de extinción da concesión e desde o BNG reclamamos que se extingan estas concesións e se aposte pola xestión pública ou pola súa eliminación nos casos en que o impacto ambiental así o aconselle”

“A gran maioría das centrais hidroeléctricas foron construídas hai xa décadas, sendo investimentos que están sobradamente amortizados converténdose en máquinas de xerar beneficios grazas a decisións políticas discrecionais e ao uso privado que realizan dun ben público como é a auga”

Ler novas