Bergondo
O BNG lamenta que a Deputación descarte melloras na seguridade viaria na DP-0811
07/ago./2014
O BNG lamenta que a Deputación descarte facer melloras na seguridade viaria na estrada que une o Espírito Santo e Lubre, como demandaron os nacionalistas. En resposta as preguntas formuladas pola deputada provincial Silvia Seixas a instancias da asemblea local do BNG de Bergondo, a Deputación da Coruña argumenta que tras un estudio do tráfico na mencionada vía non considera que esta precise de melloras na seguridade viaria.