Irixoa
O BNG pide garantir o 100% das axudas solicitadas a través da liña de subvencións á conversión e mantemento en ecolóxico
21/feb./2023
Pontón: “É incomprensible que Medio Rural, que cada ano deixa máis dun 20% de fondos sen executar, non garanta a totalidade das solicitudes”
Esixiu ao Goberno do PP un maior investimento no ecolóxico con axudas directas, apoio á comercialización e á distribución e para a posta en valor do produto e dos seus beneficios para a saúde